‘Palmeiras, piueiros’, o novo díptico poético de Anxo Angueira
Alba Cid comenta ‘Palmeiras, piueiros’ de Anxo Angueira, editado en Chan da Pólvora, e que representa o regreso dun silencio poético longo. Angueira é tamén narrador e investigador, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e aquí preséntanos un díptico entre a palmeira, que ten o don da visión e da memoria; e o piueiro, termo recuperado polos mariñeiros da Guarda, que son as primeiras pedras ou “pandullos” que encabezan o fondeo dalgunhas redes. O volume péchase con varias contornas relevantes: unha autopoética asinada polo propio Anxo Angueira, unhas notas de lectura asinadas por Chus Pato e unha entrevista de man de Xabier Cordal.
12 Apr 2022
Descubrimos en galego a “grecidade” de Kavafis
Alba Cid comenta a obra de Konstandinos Kavafis, un dos referentes da literatura grega contemporánea, a partir da nova tradución ao galego que publica Aira Editorial. ‘Poesía completa anotada’ é un traballo de Miguel A. Areses Martín, co que descubrimos a este creador tan singular, o “historiador poeta”.
21 Mar 2022
Un terror de auga fría
Alba Cid fálanos de Un terror de auga fría, a primeira “Escolma da poesía galega do medo” a cargo de Xosé María Álvarez Cáccamo. Do Rexurdimento con Rosalía de Castro ata os nosos días con Antón Avilés de Taramancos ou Celia Parra; nesta escolma, de máis de 40 poetas, encontramos composicións ben coñecidas, case simbólicas, que repasan medos de dimensións trascendental, medos existenciais, medos infantís ou ligador ao terror político e de dimensións éticas.
Host of Poesía?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.