Josiño Araujo achegouse ao COMO QUE NON?! por partida dobre. Viu presentarnos a estrea do seu documental "BAR BOO" no que repasa a carreira, ata agora descoñecida, do actor galego Luis Bar Boo. Un documental que se presentou no Festival de Sitges, ollo! E ademais presentounos a súa última novela "Corazón Indomable". Un Noir á galega, segundo di Dani Lorenzo, que se desenvolve nas rúas de Compostela. Josiño tamén tivo que contestar a unha pregunta de Pepe Capelán no seu CCCP. Fran Rodríguez abriu o seu "Museo Mutante" traéndonos edicións de películas en Blue Ray coa dobraxe en castelán que non teñen edición española! Alejandro Martínez "pini" inaugurou o programa cunha nova análise das súas "Efemérides de Entrada". Estiveron J. Pablo Sangiao, Alberto Cunha e, polo que sexa, Carlos Tresandí. A música en directo volveu estar protagonizada pola banda "Leira Rock", composta por David Carreira e Fidel Sánchez, que nos interpretaron o tema "Casadeira".
31 Oct 2026
Son un vividor
E fíxoo respondendo a unha nova pregunta de Pepe Capelán no seu CCCP. Carlos Tresandí estivo falando con el do evento "CAOS EN SAMAÍN" baixo a atenta mirada de J.Pablo Sangiao e Fran Rodríguez. Alejandro Martínez "Pini" volveu inaugurar o programa cunha análise precisa dunha nova Efeméride de Entrada. Alberto Cunha levounos de viaxe nas súas "5 Escalas de Cunha". O percorrido partiu de Kurt Russell e tivo que chegar ata as Covas de Altamira. Cales serían as cinco paradas? Dani Lorenzo deleitounos cunha nova edición bizarra de "Mundo Paquitof" onde repasou a incursión de Fernando Esteso na música lixeira. A música en directo correu a cargo da banda "Leira Rock" composta por David Carreira e Fidel Sánchez que nos interpretaron o tema "Mariscador".
24 Oct 2026
Emilio Butragueño
ería quen de superar as puntuacións anteriores e poñerse en cabeza? Alejandro Martínez "Pini" seguiu analizando Efemérides de Entrada coa mestría que o caracteriza. J. Pablo Sangiao protagonizou unha nova Versión Sangiao na que se atreveu cunha canción eurovisiva de 1984. Fran Rodríguez, Dani Lorenzo e Alberto Cunha axudaron no que puideron a Rubén no concurso e a música en directo correu a cargo da banda "Leira Rock" composta por David Carreira e Fidel Sánchez."
Host of Todos os podcast | Como que non??
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.