Viaxantas é un podcast mensual en galego para os amantes das viaxes, as experiencias e a boa comida. Un espazo dirixido por 🎙Cris Terceiro con entrevistas e no que ti tamén podes facernos chegar as túas achegas e recomendacións.
#26 Praga: Tras as pegadas do nazismo e do comunismo
Xa coñecemos o corazón turístico de Praga, agora afondamos na súa gastronomía, nas súas xentes e na súa historia da man de Vanesa Noya. Con ela cruzaremos a ponte de Carlos IV para achegarnos ó Castelo de Praga, cońecer á Barbie de Praga ou pasar polo muro de John Lennon. Mais tamén falaremos do peso que a historia recente do país ten na cidade e nas súas xentes, do nazismo ó comunismo.
Ademais, atoparás algunhas recomendacións para que non te timen nas casas de cambio, cal é o segredo da cervexa checa ou os pratos que non debes deixar de probar.
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.
23 Apr 2023
#25 Praga: unha cidade chea de contrastes
Praga é unha das cidades máis fermosas de Europa. Seguramente tes no maxín a imaxe icónica da ponte de Carlos IV que une o Castelo de Praga coa cidade vella, ou a armonía de pontes que adornan o río Moldava dende calquera punto panorámico. Mais na cidade das cen torres e as mil puntas tamén hai espazo para o deconstructivismo da casa danzante e as obras do artista checo David Černý, espalladas por tódolos barrios.
No episodio 25 de Viaxantas falaremos deses contrastes, da pegada dunha historia recente especialmente turbulenta e de todo o que fai á capital da República Checa tan atractiva para os visitantes.
Vanesa Noya, unha galega que xa leva máis de 8 anos vivindo en Praga, ponnos en contexto como se dunha guía profesional se tratase e lévanos por circuitos alternativos no corazón de Bohemia.
Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este podcast en galego. Axúdanos a chegar a máis xente.
Podes atoparnos en viaxantas.gal, Instagram, Twitter, Facebook e Telegram.
22 Jan 2023
#24 Tromsø: á caza das auroras boreais
Achegámonos a Tromsø, tamén coñecida como a capital do Ártico, para gozar dun dos mellores espectáculos naturais do inverno: as auroras boreais.
No episodio 24 de Viaxantas falaremos dos atractivos que agocha esta fermosa cidade noruega, situada a tan só 350 kilómetros do cículo polar Ártico e rodeada de montañas, fiordos e illas. Descubriremos máis sobre o pobo Saami, falaremos de gastronomía, música e da gran colonia de renos que vive nestas terras.
Se o teu soño é ver auroras boreais, neste episodio atoparás todo o que precisas saber. DALLE AO PLAY.
Viaxantas é o teu podcast de viaxes e experiencias en galego. Se che gusta o que escoitas, subscríbete, comenta ou recomenda este falangullo. Axúdanos a chegar a máis xente. Estamos en Instagram, Twitter, TikTok, Telegram, e tamén en Podgalego.
Host of Viaxantas Podcast?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.