Iniciamos unha viaxe radiofónica con sabor salgado que nos levará a percorrer as illas de Galicia de Norte a Sur.
Hugo Lage, de Bugina Turismo, capitanea esta travesía os mércores ás 12.30 h, e en redifusión ás 20 h.
Coñeces a illa de Tambo? Esta semana continuamos a nosa singladura polas illas de Galicia na ría de Pontevedra. Guiados por Hugo Lage de Buguina Turismo e con Alberto Ribas de Alvientooo coma convidado descubrimos a historia desta illa, a súa vinculación con Dona Urraca ou con Francis Drake, e tamén como visitala, para o que é preciso solicitar un permiso.
Acompáñasnos nesta viaxe polas Illas de Galicia?
7 Oct 2026
As illas de Galicia | Programa 8 Ons
Abrimos a segunda temporada de As Illas de Galicia viaxando até o arquipiélago de Ons. Capitaneados por Hugo Lage, de Buguina Turismo, e con Diego Rodríguez Vieites, biólogo e guía acreditado do Parque Nacional, coma convidado coñecemos todo o que Ons nos ofrece.
18 Jun 2026
As Illas de Galicia | Programa 7 Sálvora
A illa de Sálvora, no Parque Nacional das Illas Atlánticas, centra a nosa singladura radiofónica no capítulo 7 de As Illas de Galicia. Con Hugo Lage de Buguina Turismo navegamos para coñecer a historia de Sálvora, con destacados naufraxios coma o do Santa Isabel, que atopamos na visita a illa, ... e para falar das actividades que alí se realizan contamos a bordo con Ana Váquez de Alecrín Actividades e Aventuras.
En Sálvora pechamos a primeira temporada de As Illas de Galicia. A mediados de setembro embarcarémonos de novo nesta viaxe radiofónica. para seguir coñecendo as illas e arquipiélagos do noso litoral.
11 Jun 2026
As Illas de Galicia - Programa 6 Guidoiro Areoso
Embarcámonos unha semana máis xunto a Hugo Lage de Bugina Turismo para continuar a percorrer as Illas de Galicia. Recalamos en Guidoiro Areoso para descubrir que garda este pequeno illote de apenas 600 metros.
Compartimos esta navegación radiofónica co profesor Manuel Gago, quen nos desvela os segredos que garda Guidoiro Areoso nos seus xacementos, explícanos como inflúe a area na conservación dos restos, e fálanos das sorpresas que aínda pode dar o illote en futuras excavacións.
En taxi-barco, kaiak ou dorna a vela podemos chegar até Guidoiro Areoso, sempre con permiso previo, para coñecer e disfrutar dunha illa singular.
Acompáñasnos?
4 Jun 2026
As Illas de Galicia | Programa 5: Cortegada
Proseguimos a nosa singladura polas illas de Galicia con Hugo Lage de Buguina Turismo. Esta semana fixamos rumbo cara á ría de Arousa para recalar no arquipiélago de Cortegada, que forma parte do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Percorremos a illa xunto a Lucio, guía do Parque Nacional.
Ves descubrir Cortegada connosco?
27 May 2026
As Illas de Galicia - Programa 4: As illas Lobeiras
Iniciamos unha nova singladura radiofónica rumbo Norte para continuar o noso percorrido polas illas de Galicia xunto a Hugo Lage de Buguina Turismo.
Hoxe recalamos en dous arquipiélagos situados na ría de Corcubión. Son as illas Lobeiras, que contan cun aire misterioso por moitos motivos tal e coma hoxe descubrimos. Tamén coñecemos cando se construíu o seu faro ou que mesmo houbo nas illas dúas tabernas.
Hoxe compartimos viaxe con David Trillo de Naviera Jalisia.
Embárcaste connosco para ir até as illas Lobeiras?
20 May 2026
As Illas de Galicia - Programa 3: As illas Sisargas
Hoxe viaxamos rumbo norte a través da radio até Malpica para visitar as Illas Sisargas. Neste terceiro programa de As Illas de Galicia xunto con Hugo Lage, de Buguina Turismo, achegámonos este arquipiélago para coñecer as súas características, a súa historia, e tamén a particulariedade de que trata dunhas illas privadas.
Súmase a esta singladura Pablo Laias de Volta Montana, que nos fala das visitas que realizan e recomenda outros lugares a coñecer na zona.
Cada mércores embarcámonos neste tempo de radio para navegar polas illas galegas.
13 May 2026
As Illas de Galicia - Programa 2: A Illa de Santo Antón
Realizamos hoxe a segunda singladura radiofónica polas Illas de Galicia.
Con Hugo Lage, de Buguina Turismo, viaxamos até A Coruña, para coñecer a illa de Santo Antón, que tal e coma nos relatou ten moita historia.
Contamos coma convidada a bordo con Aurora Paz Viruet, guía e licenciada en Historia e Mestrado en Arqueoloxía quen nos contou que había na illa antes da actual fortificación, deunos detalles do que podemos ollar no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón, e recomendounos visitar o castro de Elviña.
Cada mércores embarcámonos neste tempo de radio para navegar polas illas galegas.
6 May 2026
As Illas de Galicia - Programa 1: A Illa Pancha
Hoxe comezamos unha singladura radiofónica que nos levará a percorrer Galicia de Norte a Sur recalando nas distintas illas.
Da man de Hugo Lage, de Bugina Turismo, viaxamos hoxe cara ao norte, até Ribadeo, e recalamos na Illa Pancha, que ten a curiosidade de contar con dous faros. Con Hugo Lage coñecemos as singularidades da illa e da súa contorna, e amais contamos coa participación de Guido Guía convidándonos a coñecer a Mariña Lucense.
Cada mércores embarcarémonos neste tempo de radio para navegar polas illas galegas.
Contact As Illas de Galicia
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of As Illas de Galicia?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine