“Érase unha vez unha terra onde as mulleres comenzaron a escoitarse a si mesmas…”
Velaí a razón de ser deste podcast, un espazo único, onde cada capítulo é unha oportunidade de darnos voz e re-escribir xuntas a historia.
Únete a Laura, á súa nai Elvira e ás mulleres do Camiño de Inverno e sente a forza da MATRIA… ese estado onde reina o amor incondicional e nos sentimos CHEASdeVIDA porque non deixamos que ninguén nos roube a inocencia.
O único que precisamos é recoñecer a nosa “intelixencia natural”, voltar ao punto de partida.
Máis info: www.matria.love
Preparadas, listas… #cheasdevida
Que soños queremos ver florecer esta primavera? 🌸 Especial Día da Nai
Logo do aparente, e necesario, parón invernal, volvemos con máis forza ca nunca!
Mark non é un peregrino calquera. Leva 12 anos facendo o Camiño de Santiago.
Hai dúas semanas chegou a Ponferrada e desde a súa casa, en Suíza, compartirá connosco a súa experiencia e que supón para el manter viva a chama a través da membresía MATRIA, o Camiño da Maxia que nos leva de vólta á casa, dirixida aos peregrin@s que, coma el, están dispost@s a emprender un camiño alternativo e camiñar connosco ao ritmo das estacións.
Precisamente, Lucía, unha das mulleres de Seadur que participou nos nosos obradoiros e que percorreu o Camiño de Inverno ao pouco de voltar de Francia, tamén estará connosco.
Se coidas que chegou o momento de deixar saír a túa nena interior, este episodio é para ti 🌸
Preparadas, listas… #cheasdevida
26 Jan 2024
00. Mantendo viva a chama da MATRIA
Desde a intimidade da cociña da tataravoa Claudina, damos comezo a esta viaxe para escoitar a voz da MATRIA, para escoitar a nosa voz.
Xuntas re-escribimos a historia mantendo viva a chama da MATRIA
Cóntanos, cales foron as túas primeiras impresións?
Anímaste a re-escribir a historia con nós? 💚🎙️💫
9 Jan 2024
CHEASdeVIDA (Tráiler)
Coñeces o truco para cambiar o mundo?
Contámoscho en menos de 2 minutos. Visita a nosa web aquí.
Contact CHEASdeVIDA
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of CHEASdeVIDA?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine