Entrevista con Álvaro Gago co gallo da estrea do seu filme Matria, seleccionado na pasada edición do festival de Berlín, onde foi recibido con grande éxito de público. A historia, centrada nunha muller traballadora contra as adversidades do seu día a día, conta con María Vázquez de protagonista, quen levou o premio á mellor interpretación no festival de Málaga.
25 Jan 2023
DUPLEX presenta #15 - Tempada de premios
Facemos un repaso polos títulos máis agardados desta tempada de premios 2023. Comentamos TÁR, de Todd Field; Almas en pena en Inisherin, de Martin McDonagh; e Os Fabelman, de Steven Spielberg. Tres grandes filmes que compiten por alzarse cos principais premios da Academia de Hollywood. Estreas entre o 27 de xaneiro e o 10 de febreiro.
6 Dec 2022
DUPLEX presenta #14 - Ángeles Huerta
Falamos con Ángeles Huerta, directora de 'O corpo aberto', que adapta o relato homónimo arraiano de Méndez Ferrín. Con moita influencia da literatura gótica, é un atmosférico filme fantástico protagonizado por Tamar Novas. O actor e a realizadora presentarán o filme en DUPLEX Cinema o sábado 10 de decembro.
8 Nov 2022
DUPLEX presenta #13 Diego Anido
Entrevista co actor Diego Anido pola estrae de As bestas, de Rodrigo Sorogoyen, o 11 de novembro. O filme, estreado en Cannes con grande acollida crítica e premio do público en Donostia, é un intenso thriller rural no que Anido fai un dos papeis principais. Presentará e debaterá o filme co público no noso cinema o día da estrea.
4 Oct 2022
DUPLEX presenta #12 - Javi Camino
Conversa co realizador Javi Camino co gallo da estrea o 7 de outubro de 2022 do seu filme Jacinto, unha persoal achega entre o terror e a comedia, ambientada na Galicia rural, cun magnífico Pedro Brandariz de protagonista. A fita obtivo un total de catro premios Mestre Mateo, entre eles o de actor principal.
25 Mar 2022
DUPLEX presenta #11 - Alfonso Zarauza
Entrevista ao realizador Alfonso Zarauza sobre o seu último filme, Malencolía.
Os temas musicais son Despois do baile e Outono de fios eléctricos, de Chicharrón, incluídos na banda sonora.
7 Jan 2022
DUPLEX presenta #10 - Marcos Nine
Entrevista a Marcos Nine co gallo da presentación do seu último filme, A virxe roxa, o vindeiro 15 de xaneiro ás 19:45. Relato centrado no historia real de Aurora Rodríguez e a súa filla Hildegart, referente intelectual da Segunda República que a súa nai asasinou mentres durmía.
29 Nov 2021
DUPLEX presenta #09 - cinema galego en decembro
Decembro de 2021. Un mes no que coinciden varios coloquios con cineastas galegos en DUPLEX Cinema. Ignacio Vilar presenta Maria Solinha o sábado 4; o seguinte sábado, día 11, Chelo Loureiro fai o propio con Valentina; pechamos con Darío Autrán e El cuarto de Mona o día 18. Falamos con todos eles sobre os seus filmes nesta última entrega de DUPLEX presenta.
18 Nov 2021
DUPLEX presenta #08 - Europa Cinemas Lab
Conversa con colegas doutros cinemas españois no marco do Festival de Sevilla, onde tivo lugar o Europa Cinemas Lab, unha sorte de congreso que xuntou máis de 40 salas de 19 países de toda Europa. Falamos con Carolina Góngora, dos Cine Paz de Madrid, e con Javier Pachón, dos Cine Ciutat de Palma de Mallorca, sobre algúns dos asuntos que discutimos no obradoiro durante catro intensos días.
17 Oct 2021
DUPLEX presenta #07 - Jonás Trueba
Entrevista co realizador madrileño Jonás Trueba con motivo da estrea do seu último filme, 'Quién lo impide', en salas dende o 22 de outubro. A fita ven de colleitar un grande éxito en Donostia, onde foron premiados os seus mozos actores e onde levou o galardón da crítica.
23 Sept 2021
DUPLEX presenta #06 - Paul Verhoeven
Falamos coa programadora especializada en cinema fantástico e de terror, María Núñez, sobre a obra de Paul Verhoeven. O 1 de outubro estreamos 'Benedetta' e un día antes, o 30 de setembro, recuperamos en DUPLEX DÚO a súa fita de culto 'Desafío total'.
2 Sept 2021
DUPLEX presenta #05 - Catarina Vasconcelos
Presentación da carteleira de setembro de 2021. Falamos coa directora portuguesa Catarina Vasconcelos sobre o seu filme 'A metamorfose dos paxaros'.
31 Mar 2021
DUPLEX presenta #04 abril 2021
Novo episodio de DUPLEX presenta, o teu podcast sobre as novidades de DUPLEX Cinema (Ferrol). Revisamos as estreas do mes de abril e falamos co realizador galego Álvaro Gago da obra de Chloé Zhao, que con Nomadland (en carteleira), parte de favorita para os premios Oscars en 2021.
11 Mar 2021
DUPLEX presenta #03 - marzo 2021
Entrevista con Margarita Ledo sobre o seu filme Nación, de estrea o 26 de marzo.
Repaso ás estreas do mes.
8 Jan 2021
DUPLEX presenta #02 - 08/01/2020
Segunda entrega de DUPLEX presenta, o podcast sobre as novidades do teu cinema en Ferrol. Realizamos unha breve análise de todos os títulos de estrea que poderemos ver neste mes de xaneiro de 2021.
30 Dec 2020
DUPLEX presenta #01 - 30/12/2020
Inauguramos podcast de DUPLEX Cinema, a túa sala de cinema en Ferrol. Nesta primeira entrega comentamos co cineasta Eloy Domínguez Serén a reestrea de 'Desexando amar', de Wong Kar-Wai, restaurada en 4K polo seu 20º aniversario. Tamén falamos co noso director e programador Ramiro Ledo das nosas últimas novidades e facemos repaso deste primeiro ano de DUPLEX baixo a nosa xestión.
Contact DUPLEX presenta
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of DUPLEX presenta?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine