Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 10 horas.
Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)
Presentado e dirixido por Manuel Vicente.
No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.
Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Efer 761 (4-10-26): Anne L’Huillier: «fotografar» os electróns
(4:23) O factor de impacto naceu para comparar revistas científicas, pero acabou condicionando as carreiras de quen investiga. Conversamos con Jordi Camí, director do Parque de Investigación Biomédica de Barcelona, sobre a presión por publicar, o negocio editorial e unha industria da fraude que fabrica artigos e mesmo rouba identidades. Que cambia coa chegada da intelixencia artificial xerativa?
(35:27) No Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez lembramos o doutoramento en medicina de Martina Castells en 1882.
(36:55) Anne L’Huillier, premio Nobel de Física de 2023 e investigadora da Universidade de Lund, visita Compostela co programa Conciencia da USC, que dirixe Jorge Mira. Fálanos das barreiras que atopan as mulleres na ciencia e dun descubrimento inesperado que abriu a porta aos pulsos de luz de attosegundos. L’Huillier deixa unha reflexión que atravesa todo o programa: o importante non é a revista, senón o traballo.
4 Nov 2026
Efer 760 (27-9-26): As boliñas do teu xersei e a roupa que desaparece na lavadora
(0:38) Celebramos ter recibido o Premio Prismas de radio dos Museos Científicos Coruñeses por «Calvet en bicicleta», o programa que dedicamos a Fernando Calvet co piano de Juanjo Fernández, as voces de César Goldi, Manu Fernández e Avelino González e as achegas de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa.
(3:12) Estreamos «Camiños de Ciencia» en Portomarín con Maite Vence (Observer Turismo Científico) e a arqueóloga Vanessa Trevín. Descubrimos como se trasladou a igrexa de San Xoán pedra a pedra ao contruír o encoro e conversamos coa veciñanza sobre como se viviu o traslado ao novo Portomarín . O castro de Castromaior permítenos mirar a organización das comunidades castrexas con outros ollos.
(30:46) Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
(32:58) Por que a roupa adelgaza co uso? Como se forman esas boliñas no teu xerxei favorito? Conversamos con Mercedes Pereira (CITENI), do grupo ProTerm, sobre as microfibras que liberan os tecidos ao vestilos e lavalos. Exploramos como inflúen a composición e a estrutura das teas no desgaste, que acontece co algodón reciclado e por que natural non sempre equivale a inocuo para o ambiente.
15 Oct 2026
Efer 759 (20-9-26): IAs, rebeldes sen causa
(2:07) Ante as novas de IAs descontroladas e discursos apocalípticos da propia industria, Senén Barro (CITIUS-USC) analiza os riscos reais da intelixencia artificial que deberían preocuparnos.
(18:02) No obradoiro «Comunicar ciencia na radio», desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, conversamos con Carme Pacín sobre as algas como ferramentas para estudar a contaminación; con Pablo Vila sobre os patóxenos que afectan os peixes de acuicultura nun mar máis quente; con Alberto Gutiérrez sobre as bacterias que reciclan os nutrientes mariños; e con Carmen de Néboa Álvarez (USC) sobre os materiais didácticos e o patrimonio local. Un faladoiro sobre investigación, curiosidade e pensamento crítico.
(45:47) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez
(47:54) Conectamos coa Open Science de Cambre para falar con Juan González, codirector da feira, e con Núria Muñoz Molina, profesora do Colexio da Inmaculada de Alxeciras. Coñecemos unha feira organizada pola mocidade, e tamén á nova asociación *Science on Stage* *España-Andorra*, que busca conectar docentes e compartir proxectos de ensino das ciencias.
Who has been a guest on Efervesciencia
Names identified in recent episode analyses. Showing up to five guests.
Beatriz Pelaz
Maite Vence
Dosi Veiga
Reach and audience
Public platform figures. Ratings count people who left a rating, not total listeners.
Apple Podcasts (US)
3.0 / 5
1 ratings
Spotify
5.0 / 5
8 ratings
Contact Efervesciencia
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Efervesciencia?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine