Mariñeiros, máquinas e estrelas. Tendencias recentes entre o documental e a ficción - FICBUEU 22: Sección Galicia R
A continuación do episodio anterior - agora percorremos a breve pero intensa sección Galicia R deste ano, comentando as pezas de Eloy Domínguez Serén, Ángel Santos, Lois Patiño, e Lucía Estévez.
18 Sept 2022
Da pobreza menstrual adolescente, do realismo rural, até un musical sobre o traballo - FICBUEU 22: Sección Oficial
Un ano máis, a marabillosa xentiña do FICBueu contactou connosco para facer un especial comentando a Sección Oficial da edición deste ano. Dende Bélxica ata Brasil, fiando a identidade, a precariedade, e o estraño, facemos un repaso polas curtas que máis nos chamaron a atención, por un motivo ou por outro.
30 Sept 2021
Espectáculo galáctico e reflexión ecolóxica en Dune
Neste capítulo falamos da película coa que voltamos ás salas: Dune, a nova xesta épica de Denis Villeneuve baseada no libro homónimo de Frank Herbert. Atravesamos o debate do comercial e do autor, a política, Oriente Medio, o ecoloxismo, as pelis antigas e os gusanos desérticos.
19 Sept 2021
Conversa con Nacho Ozores
A pesares da conexión rural a internet, sentamos (por zoom) a falar co realizador galego Nacho Ozores sobre a súa última curta, o TOC, e a economía narrativa.
18 Sept 2021
Especial FICBUEU: Sección Internacional
Este ano colaboramos co FICBUEU para traervos unha escolma de curtas da súa Sección Internacional que brilla pola súa diversidade, tocando temas coma a fe, a identidade, ou o xénero, actualizando aquel "no future" punqui, e non deixando a ninguén indiferente.
8 Mar 2020
Mulleres artistas: a revolución do intimismo
Neste episodio tinguímonos de violeta para dedicarlle un espazo ás mulleres no cine, nos videoxogos, e na música.
2 Feb 2020
Joker, ou a apropiación do Indie
No capítulo número 0 de Espazo Negativo tocamos o tema da dicotomía independente - comercial namentres tomamos té. Descarrilamos un chisco e falamos doutras cousas tamén.
Contact Espazo negativo.
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Espazo negativo.?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine