#152 | Os mekemekes na Festa dos Botes | Programa especial
Exército Mekemeke visita o soviet de Arzúa por primeira vez para un especial da 43 edición da Festa dos Botes! 🎉
O pregón deste ano corre a cargo das primeiras comisións arzuás, e nós aproveitamos a súa sabedoría para desvelar o que realmente pasa entre bambalinas: fallos, tensións, segredos e trucos para sobrevivir á organización dunha festa.
Se pensas que montar unha festa é doado... é que nunca falaches cunha lenda das comisións de festas.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram (https://www.instagram.com/exercitomekemeke), Twitter (https://twitter.com/mekemekearmy) e TikTok (https://www.tiktok.com/@exercitomekemeke).
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon (https://www.patreon.com/mekemeke).
17 Jun 2026
#151 | Consultorio mekemeke
Dámosvos a benvida ao consultorio máis fabuloso de Internet! Neste episodio, os mekemekes sentámonos a responder as preguntas, dúbidas, dilemas e ocorrencias que nos enviastes. Hai consellos útiles?Probablemente non. Hai respostas inesperadas, anécdotas e moitas risas? Diso vai sobrado.
Grazas por enviarnos as vosas preguntas e por facer posible este consultorio tan peculiar. Se queredes participar nos próximos episodios, prestade atención ás nosas redes porque anunciaremos a pretempada para despois do verán.
Preparade papel e lápis, porque os expertos en absolutamente nada xa están aquí para axudarvos.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram (https://www.instagram.com/exercitomekemeke), Twitter (https://twitter.com/mekemekearmy) e TikTok (https://www.tiktok.com/@exercitomekemeke).
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon (https://www.patreon.com/mekemeke).
10 Jun 2026
#150 | As empanadas
POR FIN! Tanto falar e nunca fixéramos un programa sobre a raíña da nosa gastronomía: a empanada.
Neste episodio mergullámonos no mundo das empanadas: de atún, de zorza, de millo, de bacallau con pasas... as de toda a vida.
Falamos dos segredos para que o mollo quede no punto e, o máis importante: poñemos a proba aos nosos mekemekes cunha cata.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram (https://www.instagram.com/exercitomekemeke), Twitter (https://twitter.com/mekemekearmy) e TikTok (https://www.tiktok.com/@exercitomekemeke).
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon (https://www.patreon.com/mekemeke).
Reach and audience
Public platform figures. Ratings count people who left a rating, not total listeners.
Spotify
5.0 / 5
76 ratings
Contact Exército Mekemeke
Guest appearances
Does not typically book guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Exército Mekemeke?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine