#51. A outra Galicia. Entre identidades diversas e dramas compartidos
En Europa hai dúas Galicias, a nosa e a polaco-ucraína, unha rexión histórica pertencente ó imperio dos Habsburgo marcada pola diversidade cultural, lingüística e relixiosa. Un territorio de identidades cruzadas, convivencias, estabilidade e emerxentes nacionalismos que rematou cunha gran catástrofe marcada por guerras, desprazamentos e dramas humanos que deixaron unha fonda pegada na súa historia.
Hoxe, tanto entre a poboación local, como pra importante poboación xudía con orixe nesta Galicia vese o período no que este país estivo baixo o poder de Viena como un tempo de estabilidade, crecentes liberdades, tolerancia relixiosa e étnica, un período de luces que aínda se poden ver nas rúas de Lviv e Cracovia.
30 Sept 2026
De leria con... Paula Jorge
A nosa cuarta convidada é Paula Jorge, caboverdiana de Burela e por tanto galega. Con ela descrubrimos a realidade da diáspora de Cabo Verde e a súa integración na vila da Mariña, como se manteñen vivas as raíces desta comunidade e como xurden novas identidades que misturan elementos galegos e africanos. E tamén como ás veces non queda outra que explicar con retranca nas redes sociais que o galego é lingua de branc@s, negr@s, marr@ns e amarel@s.
Músicas:
Happy to see you again - MooveKa
Balkan noodles - Jonathan Hadas
15 Sept 2026
#Petisco lixeiro. O picnic paneuropeo
No verán de 1989 xa se albiscaba o cambio político no bloque oriental, pero o telón de aceiro seguía a dividir ós cidadáns do continente. Neste contexto uns opositores húngaros e o herdeiro da casa Habsburgo tiveron unha idea, unha romeria onda a fronteira que xuntase a austriacos e húngaros. O picnic paneuropeo comezou como unha festa de confraternización con música, cervexa, churrasco e goulash e acabou sendo a fenda máis grande do Telón de Aceiro até ese momento. Uns meses despois, o Telón era historia.
Aquel día non caeu ningún muro nin se asinou ningún tratado. Simplemente houbo unha festa, unha fronteira aberta durante unhas horas, uns guardas que deixaron facer e moitos alemáns do leste que decidiron aproveitar a ocasión.
Contact Fóra de Mapa
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Fóra de Mapa?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine