Habitando é o podcast de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia. Con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver, e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat.
O pasado mes de novembro, no marco do proxecto Dereito ao Hábitat Rural, desenvolvemos un Seminario Intercentros para o intercambio de saberes e realidades coa presencia de profesorado dos centros das catro provincias vencellados ao proxecto.
O profesorado é axente chave nas comunidades educativas para o desenvolvemento de aprendizaxes significativas con metodoloxías participativas, como cartografías colaborativas ou traballos de campo de observación e recoñecemento do territorio. Durante o seminario, seis centros expuxeron as experiencias postas en marcha recentemente co foco no dereito ao hábitat, a relación coa contorna, a participación do alumnado e a aplicación curricular nunha realidade próxima e real, a fin de identificar as boas prácticas comúns a este tipo de proxectos.
Nesta terceira entrega do ciclo de falangullos Habitando o rural contamos hoxe con Rocío Romar Roel, docente do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, e con Susana Trigo Arcos, docente do IES de Pontecaldelas, para que compartan con todas nós a súa experiencia de varios anos neste eido.
28 May 2026
Ep.46: Veciñas de Irixoa
A Galicia rural afronta retos pouco doados. Os territorios están a vivir unha transformación profunda, e con eles as persoas que o habitan. Detrás dos números do despoboamento están as voces que gardan os saberes que non se atopan nos libros. Falamos hoxe con persoas que son testemuñas destos cambios. Do pasado, do presente e do futuro. Mulleres que viven no concello de Irixoa (A Coruña), dende sempre e tamén mulleres que decidiron vir: Milagros, Carmen, Marisol, Amparo, Carmen, Mª Jesús, Fina, Pepita, Loli, Lucía, Sabela, Marta e María.
Moitas grazas a todas elas pola súa participación.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
30 Dec 2025
Ep.45: Habitando o Rural
Había tempo que non nos xuntamos para gravar, pero voltamos con forzas renovadas no que vai ser unha serie de episodios adicados a unha nova liña de traballo, un novo proxecto, Habitando o Rural, que arrincamos o pasado setembro.
A Galicia rural enfróntase a importantes violacións do Dereito ao Hábitat que poñen en perigo a súa sustentabilidade. Esta crise maniféstase na escaseza de servizos e infraestruturas básicas que provocan un desprazamento significativo da poboación máis nova, especialmente mulleres. Unha despoboación sistemática do territorio e unha consecuente degradación social, económica e ambiental. Problemáticas que nós detectamos e que nos preocupan, polo que nos mergullamos no último ano neste proxecto que ten máis que ver coa educación nos centros educativos rurais.
Créditos: Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.
- A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
Reach and audience
Public platform figures. Ratings count people who left a rating, not total listeners.
Spotify
5.0 / 5
1 ratings
Contact Habitando
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Habitando?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine