Historia dun crime é un podcast de "true crime" que ofrece unha narración detallada dalgúns dos sucesos que marcaron a historia recente de Galicia.
Apoiándose nas sentenzas xudiciais e no arquivo sonoro da Radio Galega, Cristina García elabora un relato que nos leva dende a orixe ata o desenlace dalgúns dos crimes máis famosos de Galicia.
Esta historia comeza no Barco de Valdeorras. No mes de setembro de 2021, estanse celebrando as Festas do Cristo. Unha muller chama a emerxencias porque acaba de atopar á súa compañeira de piso morta. A vítima é Leticia Sanabria, unha moza de 29 anos natural de Paraguay. A Garda Civil iniciou unha investigación que se nomeou "Operación Horus".
7 May 2026
O crime do chofer
Esta historia comeza en Verín, en 2011. Bernardino Pousa, chofer nunha empresa de autobuses, é asasinado a golpes cando estaba finalizando a xornada de traballo. Alguén tivo moito interese en asegurarse de matalo. A resolución do crime traerá sorpresas coas que non contaban os investigadores.
23 Apr 2026
O crime de Monfero
Esta historia comeza en Fene, en 2002, cando Vanessa Lorente desaparece co seu bebé de catro meses. A busca de Vanessa vainos levar ata Monfero para acabar descubrindo que tras un crime, pode haber motivacións inimaxinables.
9 Apr 2026
O crime de Elisa Abruñedo
Esta historia comeza en Cabanas, en 2013, coa desaparición de Elisa Abruñedo. Horas despois, atoparían o seu cadáver. Tras dez anos e unha investigación sen precedentes, conseguiuse dar co seu asasino.
26 Mar 2026
O crime de Ana Enjamio
Esta historia comeza unha mañá cedo, cando un veciño dun edificio en Vigo atopa o cadáver dunha moza no portal. A vítima é Ana Enjamio, de 25 anos, e foi acoitelada.
A policía non tarda moito en resolver o crime, pero tamén se destapa que, realmente, esta historia comezara moito antes do asasinato de Ana.
12 Mar 2026
O crime dos Mouriño
Esta historia comeza cun incendio nunha casa familiar. Hai vítimas mortais e tamén hai membros da familia desaparecidos. Pouco a pouco vaise descubrindo que este suceso agocha un crime cun desenlace inesperado.
26 Feb 2026
O crime de Pazos
Na madrugada do 2 de abril do ano 2015, unha muller é brutalmente agredida no seu domicilio. O seu home, a única testemuña dos feitos, di que uns intrusos entraron na vivenda para roubar. A garda civil comeza a investigar ese asalto que virará nun caso totalmente distinto só unhas semanas despois.
Contact Historia dun crime
Guest appearances
Does not typically book guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Historia dun crime?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine