Manuel Gago desenvolve neste podcast as exploracións na historia e cultura de Galicia que publica habitualmente noutras redes sociais. Unha porta aberta á volta de folla da historia, antropoloxía e cultura galegas.
Sole Felloza, o Festival Atlántica e o futuro da narración oral
Esta semana iníciase a XIV edición do Festival Atlántica de Narración Oral, o evento consagrado á arte de contar máis grande do ámbito europeo. Coa súa directora, a narradora oral e xestora cultural Sole Felloza, falamos sobre as novidades da edición pero tamén de moitas máis cousas: as conexións entre os festivais e as comunidades locais, a renovación xeracional da narración oral galega ou como os nenos e rapaces conectan coa tradición cultural galega. A non perder!
23 Apr 2026
O achado da copa de Berlanga con Jesús García Sánchez
Acaba de publicarse na prestixiosa revista Britannia o achado dunha peza excepcional en Berlanga de Duero (Soria): a bautizada como copa de Berlanga. Trátase dun vaso da escasa serie do muro de Hadriano, unha especie de souvenir dos militares destacados nos límites entre o Imperio Británico e Caledonia. Para Jesús García, un dos arqueólogos responsables do seu estudo, o vaso foi traído por un antigo membro da Cohors I Celtiberorum, unha das unidades que participaron na construción da formidable defensa británica e moi pouco despois fundaron o forte romano da Ciadella (Sobrado dos Monxes).
5 Apr 2026
Xurxo Ayán: unha arqueoloxía do arqueólogo (Parte I)
Xurxo Ayán é un dos máis coñecidos arqueólogos de Galicia. Irreverente, brillante, rebelde e visionario, nesta entrevista fago arqueoloxía del mesmo, percorrendo os momentos clave da súa vocación. Unha conversa informal cun gran amigo na que coñeceremos as claves íntimas dunha visión do pasado, de Galicia e da ciencia. Fotografía de Xurxo: Sergio Enríquez Nistal
20 Dec 2025
O val do Salas e fronteira con Portugal
No século XII o reino de Galicia viviu a escisión da súa parte portuguesa, e alí se formou unha das fronteiras máis antigas de Europa. Pero neses primeiros séculos, a fronteira era calquera cousa menos unha marca estable, e os conflitos entre os dous territorios deixaron traza arqueolóxica. Falamos co arqueólogo Juan Manuel Galiña sobre como no ourensán Val do Salas fican numerosas trazas documentais e arqueolóxicas da tensión e da xestión do territorio entre Galicia, o rei de Castela e Portugal naqueles primeiros tempos.
Na ilustración, recreación do castelo da Piconha e Randín a partir do Livro das Fortalezas (século XVI).
31 Jul 2025
A nova literatura portuguesa con Miguel Gouveia
O editor, libreiro e narrador oral Miguel Gouveia ofrécenos pistas para descubrir o panorama da nova literatura portuguesa: desde editoras, librarías interesantes do norte e de Lisboa, podcasts especializados ata autoras e autores. Unha conversa que mantivemos no marco do Festival Atlántica de Narración Oral 2025.
26 Jun 2025
As lexións da fin do mundo
Archaeologists José Manuel Costa, Francisco Alonso Toucido, and Manuel Gago discuss the Roman camps in A Coruña, Spain, detailing the goals and discoveries of the 'Roma no Finis Terrae' project in this interview episode.
8 Jun 2025
O cineísta andarengo, con Manolo González
Manolo González discusses the life, cultural environment, and unique psychology of Alfonso Piñón, an early Galician hiker and filmmaker from the 1920s and 30s, in this interview.
29 Apr 2025
O mar que escribe no santuario da Virxe da Barca
O santuario da Virxe da Barca garda rechamantes prácticas ao redor das pedras sagradas, pero algunhas desapareceron na memoria. Entre elas, aquela pola que o mar escribía nas pedras para ti. Exploramos de a cabalo entre a documentación histórica e a bioloxía mariña este curioso fenómeno hoxe esquecido.
11 Apr 2025
Cando Merlín era galego
Merlín é unha das personaxes medievais de ficción máis intrigantes, e a súa ampla sona e os moitos escritores fixeron que a súa historia fora cambiando cos séculos. Neste episodio coñeceremos a curiosa historia de cando Merlín era galego (spoiler, de Lugo).
Who has been a guest on Na volta da folla
Names identified in recent episode analyses. Showing up to five guests.
José Manuel Costa
Francisco Alonso Toucido
Manuel Gago
Manolo González
Reach and audience
Public platform figures. Ratings count people who left a rating, not total listeners.
Spotify
5.0 / 5
12 ratings
Contact Na volta da folla
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Na volta da folla?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine