Aqui chega un novo capítulo da radio Ingrávida e toooda unha emboscada para min. É un capítulo que nada ten que ver cos anteriores, onde o creador Álex Sobrino e Irene Moreira, xunto a unha botella de Protos peneiran unha conversa que vai dende o fluzo ata Elon Musk, dende o cinema do falso documental ata as bombas de palenque de Atios.
Non estou segura de que queirades escoitalo, mais son unha muller valente que acepta os retos e mais se veñen do grande Álex Sobrino.
Segue a Irene no twitter (https://www.twitter.com/kokorodeirene) e no insta (https://www.instagram.com/kokorodeirene)
Segue a Álex no twitter (https://www.twitter.com/alexsobrino80) e no insta (https://www.instagram.com/alexsobrino80)
12 Jan 2022
Capítulo 2, Juana e Flora
Que é o pan de carioca? Existen as mouras? Sabes facer sopas de burro canso no microondas? Neste episodio Irene fala con Juana e Flora sobre o tétanos, a fame, a escola e sobre ser muller dende os anos 30 ata agora.
20 May 2021
A física da vida
Pódese entender un burato negro cando tes seis anos? Pódense ver os átomos? Lembrades a sensación de aprender a ler? Neste capítulo reuno varias conversas con Dous convidados moi especiais.
29 Jan 2021
Movendo os marcos e fin de tempada!
Velaquí tendes outro podcast máis, moi especial este porque é de fin de tempada e inclúe todos os segredos da creación dunha serie de teatro comunitario. Neste episodio poderedes gozar do proceso creativo da Comuna da Ingrávida, no seu intento por crear unha serie.
11 Apr 2020
Episodio 5, Guerra Civil e fin por catro perras.
Neste episodio contamos como entrou "el movimiento" no Porriño grazas a Manuel Cabaleiro, A Comuna fala de como é o proceso creativo no teatro comunitario, rescatamos dúas cartas de condenados a morte polo franquismo, Irene fala cos seus pais sobre a guerra e pequenas pílulas de dramatizacións que aparecen no libro "Un cesto de mazás" de Montse Fajardo e de "Arquivos da realidade" de Julio Fer e Paco Oti, e rescatamos fragmentos do libro "O Porriño, 1936" de Kiko Paz Antón.
4 Apr 2020
Episodio 4 Teatro Comunitario. Caruncho, Zeltia e o matadeiro
Neste episodio falaremos do teatro comunidario, Zeltia e mailo matadoiro con Manuel Cabaleiro como convidado especial.
23 Mar 2020
Episodio 3, teatro comunitario, primeira parte.
Neste capítulo, o primeiro da serie de teatro comunitario, recollemos o proceso creativo, entrevistas e momentos co público da Sala Ingrávida. Pertence á época na que fixemos a serie de teatro comunitario "Por Catro Perras", que se centrou en recoller historias dos anos sesenta.
18 Mar 2020
2º episodio da Radio Ingrávida
No segundo episodio da Radio Ingrávida facemos unha colaboración con Roberto Casal, director de escena amigo de ingrávida e creador na compañía Teatro ao Cubo. Presenta e edita: Irene Moreira
6 Oct 2019
1. As Costureiras
Este primeiro podcast da Radio Ingrávida vai adicado ás costureiras.
Gravados durante as posfuncións ou as posproxeccións da Sala Ingrávida, e máis adiante guionizados, gravados e editados por Irene Moreira. Estes podcast procuran a visibilización e concienciación da cultura e a sociedade por boca de artistas e comunidade da Sala Ingrávida.
Contact Radio Ingrávida
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Radio Ingrávida?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine