About Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui.
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast
Neste episodio achegámonos a Guitarra, son de madeira galega, un proxecto patrocinado pola Axencia Galega da Industria Forestal-XERA que impulsa o deseño e construción dunha guitarra profesional de concerto a partir dunha investigación sobre as madeiras galegas e as súas posibilidades.
Da man dos lutieres Jose Catoira e Pablo Sánchez Otero, integrantes de Laboratorio de Cordas, coñecemos os primeiros pasos deste proceso: a selección das madeiras, o estudo das súas propiedades acústicas, mecánicas e estéticas, e a súa adecuación ás distintas necesidades de cada parte do instrumento. Un traballo no que o coñecemento artesanal dialoga coa investigación e coa experiencia musical do concertista de guitarra Samuel Diz.
Un proxecto que integra investigación, lutería, música, artesanía, documentación audiovisual e mediación cultural para facer un percorrido desde a orixe da madeira ata a súa transformación nun instrumento musical.
Dirección: Beatriz Fontán
Produción executiva e comisariado: Samuel Diz
Guión, produción e locución: Beatriz Fontán
Produción de son e deseño gráfico: Beatriz Fontán
Interveñen: Pablo Sánchez Otero, Jose Catoira e Alfredo Fernández Ríos
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine