Consellería do Ritmo emítese os domingos ás 22:00 horas en Radio Galega Música. Tito Lesende produce e conduce unha serie de capítulos monográficos ou temáticos arredor dunha charla repousada cun artista no ámbito rock ou pop galego. Os músicos e músicas terán un espazo preferente, e poderán compartir protagonismo con outros axentes da escena musical galega: axentes, promotoras, recintos senlleiros etc.
Os vikingos son teimudos, desembarcan en Catoira cada verán, pero tiñamos preparada a vinganza. Dende o Ulla, Baiuca ten a fórmula musical para conquistar o mundo: folclore, enxebrismo e electrónica. Álex Guillán (Baiuca) visita a Consellería do Ritmo para falar da súa carreira, dende os inicios ata os seus traballos fundamentais entre 2018 e 2021: “Solpor”, “Misturas” e “Embruxo”. Tito Lesende conversa neste capítulo cun dos embaixadores da música moderna galega, cunha incidencia millonaria en plataformas dixitais e experiencia en Europa, Marrocos ou México.
17 Sept 2021
Bala
Bala é a asociación de dúas galegas con talento e nervio: Anxela Baltar “Anx” (guitarra) e Violeta Mosquera “V” (batería), que comparten a responsabilidade nas voces.
Son dúas instrumentistas inapelables que fabrican pezas para tombar un boi.
Bala vén de publicar o seu terceiro disco, “Maleza”, un repertorio duro coma un berro seco que entrou nos primeiros postos das listas de vendas en España na primavera de 2021.
Pero, ademais, a súa proxección internacional é tremenda: traballan cun selo alemán e están afeitas a tocar nos EE UU, Australia, Colombia ou Xapón.
17 Sept 2021
Grande Amore
Seguímoslle a pista a Nuno Pico dende Oh! Ayatollah e máis recentemente cos Rastreadores, o seu proxecto a dúo con Ortiga.
Pero Nuno visita a Consellería do Ritmo representando o seu proxecto máis persoal: Grande Amore.
Con esta marca publicou en 2021 un disco autotitulado do que nos interesan especialmente dous conceptos: actitude punk e unha mensaxe sincera.
Nesta sesión, Tito Lesende conversa con Grande Amore, un millennial de Frexulfe que vén revolucionar a escena galega con cancións viscerais, ataque electrónico e bo humor.
17 Sept 2021
dANI
A viguesa Daniela Costas é dANI, con inicial minúscula.
Aos seus 23 anos, esta artista representa a nova fornada de talentos galegos da música pop.
Neste capítulo fala con Tito Lesende sobre a súa familia (na que hai compoñentes de Aerolíneas Federales, Siniestro Total ou Def Con Dos), o seu debut aos 14 anos e tódolos detalles do seu primeiro disco, “Veinte”, que recolle aplausos tamén en América.
17 Sept 2021
Os amigos dos músicos
Os amigos dos músicos fusionaron a obra lilteraria dos grandes nomes das letras galegas coas augas quentes do pop e do rock de estilo anglosaxón, subindo ao tren que xa levara antes a cantautores como Andrés do Barro. Cando visitaron a Consellería levaban máis dunha década xuntos e, ademais, contaban xa cun interesante repertorio propio.
Contact Todos os podcast | Consellería do ritmo
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Todos os podcast | Consellería do ritmo?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine