Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares.
Para sabelo todo sobre o espectáculo musical "As Cigarreiras" contamos con Laura Veleira, presidenta de Cántigas da Terra; co director da coral, Luis Bolón; e co director da Banda da Coruña Xoan Miguel Romero. No Recuncho Da Palleta temos a visita do DJ Kike Varela, para falarnos do seu traballo de reinterpretación do “tradi” e ofrecernos varias mostras do mesmo.
1 Nov 2026
Lume na palleira 01-11-2026
Anunciamos (en primicia exclusiva) o regreso dos Quempallou aos escenarios – Estreamos pezas dos próximos traballos de Fernando Barroso e Fiandola – O Recuncho Da Palleta (con Ramón Dopico e a visita de Cristian Silva para falarnos da súa tese titulada “O ruído: a percusión como acompañamento da gaita na Galicia do S. XX. Instrumentos, intérpretes e padróns rítmicos”) – Escolma coas músicas de Xosé Liz, Alvariza, Folk On Crest, Manoele De Felisa, De Ninghures, Do Rivés, Nimbos, As Pías, Leni Pérez & Sekadra, Et Suseia Danza, Comando Curuxás, Treixadura e Mel De Meiga
25 Oct 2026
Lume na palleira 25-10-2026
Lembramos ao músico irlandés, recentemente falecido, Donal Lunny e presentamos ao grupo portugués O Gajo. No Recuncho Da Palleta Guillerme Inácio preséntanos a nova edición do Serán Desta Aldea, dedicada este ano a Riofrío. Entrevistamos a Tomás Cuesta, que nos presenta o seu libro “A Gran Familia – Figuras Clave Da Música Tradicional Galega”
Contact Todos os podcast | Lume na palleira
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Todos os podcast | Lume na palleira?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine