O Diario Cultural Zeta é o espazo onde atoparás a cultura emerxente que se está facendo en Galicia, e tamén o lugar onde reflexionar dos temas que preocupan á xeración Zeta. Cos colaboradores Jesús Silva, Sara Donoso, Celia Eiras, Ana Abad de Larriva e Sica Romero. Entrevistas en profundidade, cuestionarios sen sentido e moito sentimento "antiboomer". Non perdas os nosos videopodcast no Youtube da Televisión de Galicia.
Lendas, investigación no audiovisual e unha “voráxine” musical
Hai que animarse un pouco. Imos xogar, veña. Rober trouxo varias lendas galegas non moi coñecidas e Paula, Germán e mais Ángel teñen que adiviñar de que localidade proceden. Non é nada fácil, eh. Pero non todo é xogar, tamén hai tempo para que os protagonistas sexan persoas moito máis interesantes ca nós. Por exemplo Ariadna Cordal, a convidada que trouxo ao Zeta Jesús Silva para falar dun ámbito moi pouco abordado e recoñecido: a investigación no eido audiovisual. O toque musical vén da man da nosa Celia Eiras. Bueno máis coincretamente do artistazo que convidou a pasarse polo programa: Maiko Leinad. Con el descubrimos a orixe do seu nome artístico e unha chea de cousas sobre o seu proceso creativo.
16 Jan 2024
Xoias artesanais con Sofía Rivas, investigación académica-arte e flamenco
Comezamos forte o ano. Nestes tempos de agasallos, que hai máis bonito que unha boa xoia artesanal? Váinolo explicar Sofía Rivas, que coas súas mans crea verdadeiras marabillas. Sabemos de verdade todo o choio que leva facelas? Non é tan doado eh. Tampouco o é impulsar proxectos que se movan entre a investigación académica e a produción artística como o fai Nerea Cordeiro, a artista que nos trae nesta ocasión a nosa colaboradora Sara Donoso. E con Ana Abad bailamos. Bueno, bailar, bailar non. Pero falamos cunha bailarina e pedagoga de flamenco afincada en terras galegas: Ainhoa Linaza.
16 Jan 2024
Galardóns do Xuventude Crea e talento dos Novos Cinemas
Como veñen de ser premiados e premiadas as gañadoras dos Xuventude Crea do 2023, quixemos traer a María Alborés, galardoada na especialidade de moda; e Pedro Rodríguez no eido literario coa novela curta ‘Alén da Néboa’. Mentres, Jesús Silva tráenos a experiencia de tres participantes no Novos Cinemas de Pontevedra; e Celia Eiras fainos un repaso por diversas panxoliñas galegas.
Contact Zeta
Guest appearances
Books guests
Based on episode analysis; this does not confirm that the show is currently accepting guests.
Host of Zeta?
Claim your podcast to manage its listing and keep your show details accurate.
Pod Engine is an independent podcast discovery and analytics service and is not affiliated with or endorsed by this podcast. Artwork and show content belong to their owners. Full legal notice.
Explore this show Podcast research with Pod Engine